atemporadadofutbolgalego.com

  • Aumentar o tamaño da letra
  • Tamaño de letra por defecto
  • Disminiur o tamaño da letra
Vero Boquete na WPS 2011


Directa á Champions'

Correo-e PDF
Avaliación do usuario: / 3
RuínMellor 

Logo de ser considerada mellor xogadora da Liga dos Estados Unidos (WPS), na que se sagrou vice-campioa co seu equipo, Philadelphia Independence, o futuro de Vero Boquete pasa pola liga rusa, concretamente polo F.K. Energiya de Voronezh, co que poderá disputar outro dos seus soños, a Champions' feminina que, logo da súa traxectoria nesta campaña, podería achagala con máis rigor ao gran nomeamento que todos esperamos, ser considerada FIFA World Player do ano, sucedendo, como fixera no país norteamericano co Michelle Akers, á brasileira Marta.

Vero, deste xeito, deixa unha menos competitiva Liga española abandonando ás rengleniras do que fóra seu equipo nos últimos tres anos, R.C.D. Espanyol.

 

 

Vero nomeada mellor xogadora da WPS

Correo-e PDF
Avaliación do usuario: / 5
RuínMellor 

Foto: © Robyn McNeill, ISI Sports Photos

Vero Boquete acaba de elevar o fútbol galego ao Olimpo dos deuses. Unha espectacular temporada que mudou o rumo dubitativo dun equipo, tal e como recoñeceu o técnico das Philadelphia Independence, Paul Riley, e na que anotou por tres veces o recollecemento de mellor xogadora da semana, algo que na historia da WPS, nunha mesma temporada, só fixeran as grandes como Wambach ou Marta, serviu non só para estar entre as cinco nomeadas para optar ao título de Player of the Year, ou o que é o mesmo, na nosa língua: Unha galega é a mellor xogadora da mellor liga do mundo!!!

 

 

Un mes especial

Correo-e PDF
Avaliación do usuario: / 5
RuínMellor 

Hai un mes que non vos escribo e non é por falta de noticias, mais ben todo o contrario! A verdade e que non sei ben por onde comezar, así que fareino por uns dos temas do último capitulo, o mundial femenino.

A final entre USA e Xapón non defraudou, veuse un gran encontro, bo fútbol, goles, emoción... e decidiuse da forma que ningún xogador quere (excepto o porteiro que gaña), nos penaltis. Persoalmente, penso que foi o mellor partido de USA en todo o campionato, pero finalmente o fútbol premiou o que mais deu en todos os partidos, Xapón, xusto vencedor.

 

Líderes da WPS

Correo-e PDF
Avaliación do usuario: / 14
RuínMellor 
Levo aquí un mes e medio e o tempo pasa axíña, pero todo vai saíndo como eu esperaba, como me gustaría... polo de agora somos líderes da liga!! Estamos onde todos queríamos e agora chega o máis dificil, manterse. O primeiro dos dous partidos que tivemos en tres días foi especial e tamén histórico. Había, por primeira vez na liga americana, tres españolas nun mesmo partido. O Sky Blue de Adriana non nolo puxo fácil, e ata tres veces se adiantaron no marcador, os despistes defensivos estábannos a condear pero nós poñíamos o xogo e as ocasións.
 

Dúas semanas ou dous meses??

Correo-e PDF
Avaliación do usuario: / 18
RuínMellor 
Con todo o que aconteceu nestas dúas semanas, ben podo decir que parecen dous meses. O fútbol son momentos, e se algo aprendín é que estes trocan de bos a malos en pouco tempo.
O sábado 18 xogamos fronte o MagicJack de Florida, que ata ese día era segundo na clasificación. O partido non puido saír mellor. Conseguimos a maior goleada da historia desta liga, 6-0, fixen o meu primeiro gol coa camisola de Philadelphia e asistín noutros tres. Como sempre, quédome co importante: os tres puntos; pero evidentemente o gol, e sobretodo o meu rendemento, fan que disfrute dobremente da vitoria.
 



Imaxes

 



recuncho futbol feminino





 

Xogadores


Terceira División: Grupo I
Club Rápido de Bouzas

Publicidade